Calendar

Feb
23
sáb
Swingueando por Ourense @ Ourense
Feb 23 – Feb 24 todo el día
Swingueando por Ourense @ Ourense

A próxima fin de semana do 23 e 24 de febreiro, imos a bailar a Ourense!!

Unha excursión que inclúe clandestino, comida, termas, festa e sesión vermú, que non sería posible sen o apoio da nosa amiga e alumna Andrea Abreu; e que conta coa colaboración de Lindy Hop Ourense.

As actividades propostas son independentes entre si, podes vir a algunhas só, ou se o prefires, podes vivir unha fin de semana completiña swingueando, comendo e relaxando. Segue lendo para ver o programa completo:

 

SÁBADO 23 DE FEBREIRO

12.00h CLASE ABERTA DE LINDY HOP INICIACIÓN
Praza das Mercedes (ao aire libre)
Impartida por Elena e Jorge (Swing On School). Donación a taquilla inversa, ou sexa, que pagas o que queiras ao finalizar a actividade e así axudarás á escola cos gastos derivados da actividade.

13.00h BAILE NA RÚA
Praza das Mercedes (ao aire libre)

 

14.00h COMIDA NA TAPERÍA PORTOVELLO
Praza das Mercedes 4

IMPRESCINDIBLE RESERVA antes do 16 de febreiro escribindo a info@swingonvigo.com elexindo unha das seguites opcións:

MENÚ CANDEM TOWN
Croquetas de mexilón “tigresas” | chipiróns á prancha con aceite de allo | patacas 3 salsas (cabrales, brava, ali-oli) | lacón asado con salsa de atún | A ESCOLLER: dourada ao forno ou xarrete estofado | variado de postres caseiros | pan, auga, refresco ou cervexa | viño tinto e branco | café ou infusión e chupito.
Se escolles este menú, non esquezas especificar no mail de reserva se prefires dorada ou xarrete.
Prezo: 20€

MENÚ VEGANO E SEN GLUTE
Falafel con maionesa vegana | ensalada templada de boletus | crema de cabaza | arroz con verduriñas e cacahuetes en salsa agridoce | crumble de mazá | auga, refresco | viño tinto e branco | café ou infusión e chupito.
Prezo: 20€

 

18.00h BAÑO NAS TERMAS DE OUTARIZ
Rúa do Fondo do Lugar s/n

IMPRESCINDIBLE levar toalla, bañador e chanclas.
Nas termas non é posible facer reserva, por iso dende Swing On School non podemos garantir prazas para todo o mundo, e se alguén quedara sen praza tal vez tería que esperar un anaco para entrar. Aínda así a capacidade é de 180 persoas polo que entendemos que non haberá moito problema.
Prezo: 5,70€ (dúas horas)

 

21.00h FESTA SWING CON PETISCOS VEGANOS
El Pueblo Café Cultural. Rúa Hernán Cortés 26

Ao inicio da festa poderás degustar petiscos veganos, preparados pola Asociación Protectora de Animais Progape, cos que colaborarás para mellorar a vida dos bichiños que teñen a sorte de topar con esta asociación.

E mentras tanto, e ata ás 02.00h, estaremos poñendo temazos e queimando pista en El Pueblo Café Cultural, local súper emblemático da vida cultural ourensá.
Prezo: entrada libre

DOMINGO 24 DE FEBREIRO

13.00h O VERMÚ DO ROCK CLUB
Rock Club. Rúa Hernán Cortés 24
Sesión organizada polas nosas amigas de Lindy Hop Ourense, que non teñen ningunha intención de que os nosos pés deixen de bailar só por ser domingo.  Como sábedes o que nos gusta, xente riquiña!
Prezo: Entrada libre