Clase aberta de Shag

Da tus primeros pasos en este divertido baile swing!

1 abril, 2020 18:30 - 1 abril, 2020 19:45 O Almacén Cultural- Ramón Nieto 58

Mércores 1 de abril | 18.30h – 19.45h | O Almacén Cultural (Avda Ramón Nieto 58)


Abrimos novo grupo de iniciación ao Shag, e convidámoste a probar unha clase gratuíta para que te enamores deste baile!

Shag era o nome que daban en Estados Unidos nos anos 20 a certos bailes que se presentaban en vaudevilles a ritmo de ragtime e hot jazz, a música de moda da época. Algunhas destas formas de baile cambiaron, adaptándose moi ben ao salóns de baile swing da época.

Durante as clases traballamos especialmente dous tipos dentro do shag: o Collegiate Shag (expallado polos universitarios e universitarias nos anos 30, e o St Louis Shag, baile popular da mesma época na zona de St Louis rescatado posteriormente grazas ás investigacións de Christian Frommelt.

 

Para probar esta clase só tes que aparecer.  Non necesitas inscribirte nin vir con parella, durante as clases rotanse as parellas para que poidas bailar cos compañeiros e compañeiras. Recomendamos roupa e calzado cómodo.

 

O curso regular comezará o 15 de abril, e impartirase os mércores de 18.30h a 19.45h. Se queres reservar a túa praza, inscríbete xa neste enlace: https://forms.gle/Y5q87cRyNYdiWExt6

Event Information

1 abril, 2020 18:30 - 1 abril, 2020 19:45 O Almacén Cultural- Ramón Nieto 58
Register Now

Organizer

Location

O Almacén Cultural- Ramón Nieto 58