Entroido Swing

Ven disfrazade e desfruta desta xenial noite!

22 febrero, 2020 21:00 - 22 febrero, 2020 23:55 O Almacén Cultural - Ramón Nieto 58

Por fin, por fin, o entroido xa está aquí!!

E para celebralo temos preparada unha festa salvaxe no Almacén Cultural! O sábado 22 de febreiro, non fagas plans e ven a bailar que o imos pasar pirata!

E o mellor é que haberá premios!

– PREMIO AO MELLOR DISFRAZ DE GRUPO OU PARELLA

– PREMIO AO MELLOR DISFRAZ INDIVIDUAL

– PREMIO AO PEOR DISFRAZ INDIVIDUAL

Para valorar os disfraces, o xurado valorará a orixinalidade, a capacidade de aforro (cousas feitas artesanalmente mellor que cousas compradas), e a capacidade de adquirir a personalidade do disfraz durante a festa, especialmente no soul train final!!

Vinde e traede amigues!!

Entrada libre

Event Information

22 febrero, 2020 21:00 - 22 febrero, 2020 23:55 O Almacén Cultural - Ramón Nieto 58

Organizer

Location

O Almacén Cultural - Ramón Nieto 58