Xuntanza Swinjeira

Práctica libre en Cangas con clase de Solo Jazz

7 noviembre, 2019 19:30 - 7 noviembre, 2019 23:00 SalaSon - Rúa do Lirio 30 (Cangas)

Organizado polas nosas alumnas de Cangas, sempre con esa enerxía positiva que desprenden, a Xuntanza Swinjeira é un evento que se celebra o primeiro xoves de cada mes no Salason.

A idea é bailar, escoitar música e tomar unhas cañas! E nesta ocasión o Salason terá canciños alemáns e cervexa para celebrar o San Martiño Fest!

Ademais, este xoves haberá sorpresa! O noso profe Pablo impartirá unha clase de vintage jazz ao inicio da xuntanza, a clase será de media horiña, así que non chegues tarde! E se nunca bailaches swing, non te preocupes, participa na clase, e despois da clase quédate a tomar algo, que a xente che axudará a dar os teus primeiros pasiños.

19.30h: Clase aberta de vintage jazz
20.00h: Baile social

Entrada libre.

Anímate e trae colegas!

Event Information

7 noviembre, 2019 19:30 - 7 noviembre, 2019 23:00 SalaSon - Rúa do Lirio 30 (Cangas)

Organizer

Location

SalaSon - Rúa do Lirio 30 (Cangas)