Batalla de DJs 2024

Venres 12 de abril | 22.00h | 5€ anticipada / 8€ en porta | Island Club (Praza da Estrela)

A lexendaria batalla de DJs de Swing On está de volta!! Catro DJs bateranse en duelo para ser e mellor DJ de swing do 2024. Ven a bailar ata morrer con estes catro guerreires musicais do swing, e ao final da festa fai todo o ruído do mundo para escoller á persoa gañadora. 

Este ano como novidade, tamén haberá competición de baile, unha Mix & Match na que podes gañar uns premios ben molóns!!

BASES DA BATALLA DE DJs

Prelims: Envía 3 cancións swing que che gusten para bailar ata o 6 de abril, pode ser por mail a info@swingonvigo.com ou por whatsapp ao 687711436. O día 8 publicaremos nas nosas redes o nome das persoas finalistas, que pincharán o venres 12 no Island Club.

Final: As 4 DJs seleccionadas pincharán 20 minutos cada unha. A orde das pinchadas farase por sorteo. O xurado seleccionará as dúas mellores que se baterán no duelo final. Non é necesario ter experiencia nen ningún equipo ou programa especial, dende Swing On axudaremos ás persoas finalistas coa parte técnica. 

Duelo final: As dúas persoas finalistas pincharán un tema cada unha durante 45 minutos. A persoa gañadora decidirase polo ruído do público. 

Premios:
1º premio: Curso Swing DJs LAB que se impartirá en Vigo o sábado 8 de xuño
2º premio: Party Pass para o Swing On WIC.end 2025

Xurado: O xurado estará composto por Elena e Jorge de Swing On DJs, e a gañadora da última edición da Batalla de DJs (2023): Omayra Rodríguez.

BASES DA MIX & MATCH

Para apuntarte tan só tes que escribirnos co teu nome e dicirnos con que rol queres participar (tes que escoller un).

Prelims: 22.00h puntuais. As persoas inscritas bailarán con 3 persoas diferentes (por sorteo) 3 anacos de 3 cancións diferentes.

Final: As 5 parellas finalistas bailarán 2 spotlights cada unha, un máis lento e un máis rápido.

Premios:
1º premio: Full Pass para o Swing On The SEA 2024
2º premio: Full Pass para o Swing On WIC.end 2025
– 3º premio: Party Pass para o Swing On The SEA 2024

Xurado: O xurado estará composto polo equipo de profes de Swing On.