Sábado 25 de marzo – 21.00h – Sala Kominsky (Irmandiños 3)
Aportación: 3€

A lexendaria batalla de DJs de Swing On está de volta!! Catro DJs bateránse en duelo para ser a mellor ou o mellor DJ de swing. Ven a bailar ata morrer con estas catro guerreiras musicais do swing, e ao final da festa fai todo o ruido do mundo para escoller á gañadora ou gañador.
Queres participar na competi? É ben fácil!!
Prelims: Envía 3 cancións swing que che gusten para bailar ata o 18 de marzo, pode ser por mail a info@swingonvigo.com ou por whatsapp ao 687711436. O día 19 publicaremos nas nosas redes o nome das persoas finalistas, que picarán o sábado 25 de marzo na sala Kominsky.
Final: As 4 DJs seleccionadas picarán 20 minutos cada unha. A orde das picadas farase por sorteo. O xurado seleccionará ás dúas mellores que se baterán no duelo final. Non é necesario ter experiencia nen ningún equipo ou programa especial, dende Swing On axudaremos ás persoas finalistas coa parte técnica.
Duelo final: As dúas persoas finalistas picarán un tema cada unha durante 45 minutos. A persoa gañadora decidirase polo ruido do público.
Premio: a persoa gañadora terá acceso gratuito ao curso para DJs de swing que impartiremos Swing On DJs o sábado 22 de abril valorado en 60€.
Xurado: O xurado estará composto por Elena e Jorge de Swing On DJs, e a gañadora da última edición da Batalla de DJs (2020): Alba Cobo.