Cabaret Swing

La Fábrica de Chocolate – Rogelio Abalde 22, Vigo
Sábado 28.01.23 | 21.00h | 3€

O Cabaret Swing é, basicamente, unha festa swing. Soarán temazos súper bailables dos anos 30, 40 e 50, e poderás botar uns bailes, tomar algo, escoitar musicote… e de cando en vez… boom!! Unhas actuacións flash

E quen actuará? Pois quen queira, podes ser ti. Ou o teu grupo de colegas…
Pode ser que teñas un talento que queiras amosar ao mundo, ou que che apeteza volver a facer a obra de teatro de fin de curso que tanto che molou cando ías ao cole (ou a que sempre quixeches facer pero nunca cha deixaron), pode que che guste cantar na ducha, ou que aínda conserves o Magia Borrás, e che apeteza quitarlle o pó…

Música, monólogos, baile, concursos, performance, maxia, impro, teatro, clown… calquera cousa que se che ocurra pode ter cabida.

SÓ TES QUE SABER QUE:

  • É aberto a todo o mundo, calquera persoa pode participar, sexa alumna de Swing On ou non.
  • A duración máxima é de 3 minutos (para poder compaxinar co resto de actuacións e que nos quede tempo para botar uns bailes)
  • É amistoso e non competitivo, non haberá premio ao mellor, nin ao peor, así que adiante coa túa idea!!
  • Se actúas tes a entrada gratis á festa.
  • Para presentar unha actuación escríbenos por whatsapp (687711436), por instagram (@swingonvigo) ou por mail (info@swingonvigo.com) e cóntanos brevemente a túa idea.
  • Pechamos as inscricións de actuacións o domingo 22 de xaneiro, ou cando teñamos cuberto o cupo de actuacións máximo.

E se non queres presentar unha actuación, tamén podes vir a bailar e desfrutar dos shows! Teremos as entradas dispoñibles en Swing On a partir do 9 de xaneiro e tamén na porta o mesmo día do evento. Aberto a todo o mundo.