O tap (ou claqué, como é máis coñecido en España por influcencia do francés) é un baile que todo o mundo coñece ou viu bailar e que non deixa indiferente a ninguén, pero tamén é unha forma de tocar un instrumento de percusión.
No tap dance diferénciase entre Broadway Tap e Rhythm Tap. A primeira moito máis famosa polos musicais que nos chegaron, nos que se traballa especialmente a coreografía e o espectáculo. A segunda é a que nos remonta ás orixes do tap, relacionada co jazz e a cultura afroamericana, céntrase no ritmo, na improvisación e no diálogo entre os bailaríns ou bailaríns con músicos.
Neste obrdoiro traballaranse rudimentos e técnica que nos den recursos no noso baile, coreografía e haberá tamén espazo para a improvisación.
Non é necesario ter zapatos de claqué para asistir ao curso, aínda que se xa bailas e tes uns, lévaos. Pero se non é o caso, podes traer calquera calzado que che sexa cómodo (se fai algo de ruído ao golpear o chan, mellor que mellor)
22 e 23 de marzo | 4 horas de clases de lindy hop nivel aberto (mínimo 4 meses bailando) | 1 festa con música en directo | 1 festa con DJs
As estrelas
Gina e Iker dende Bilbao!!
Estas dúas persoas marabillosas coas que da gusto bailar, conversar, e pasar horas e horas… comezaron a bailar a finais de 2013 en Barcelona, e en 2016 comezan a impartir clases. En 2017 deciden marchar para Bilbao a poñer en marcha o proxecto Little Harlem, e a crear unha nova comunidade swing.
Cun profundo amor pola música jazz e swing, transmiten con paixón o espíritu destes bailes que xurdiron nas décadas dos 30 e 40, e que continúan evoluíndo e medrando. Temos infinitas ganas de que as coñezades!
Los Guachos
A banda liderada polo trompetista Gabriel Saitto, coñecida por abrir as Swing Jazz Jams da Kominsky (Vigo), preséntase desta vez en versión extendida para poder gozar dos seus repertorio sen parar.
Para quen non os coñeza, aquí vai info dos seus membros:
Gabriel Saitto é un músico arxentino que foi formándose e formando a outros músicos en Buenos Aires, Berklee College of Music, a Factoría de Música (Mallorca) e o Conservatorio Superior das Illas Balears. Na súa chegada a Vigo foi traballando con músicos da escena local en diversos proxectos, e creando o Espazo Creativo Musical, un lugar no que aprender música mediante a exploración e a experimentación.
Tamén forman parte de Los Guachos os irmáns Guillermo Guerrero (guitarra) e Juan Guerrero (batería), e o contrabaxista Juan Alonso. Os tres son das novas xeracións de músicos de jazz saídos do conservatorio Mayeusis, e xa teñen ben de experiencia en tocar para lindy hoppers, de feito Juan Alonso comezou este curso tamén a bailar lindy hop.
Os integrantes de Los Guachos se poden poden considerar artistas revelación na comunidade jazz viguesa, pero coidado que están a piques de pasar a ser músicos consagrados. E nós estaremos alí para presencialo… E ti?
Programa
Venres 22
21.30h-00.30h Festa con DJs. Sala Kominsky (Irmandiños 3, Vigo)
Sábado 23
10.00h-14.00h: Clases de lindy hop multinivel (dende 4 meses bailando lindy hop). Escola de baile Pasos Bailegalicia (C.C. Plaza Elíptica, Vigo)
Plantéase unha formación de 4 horas con algúns descansos na que se traballarán diferentes conceptos con diferentes grados de dificuldade para que cada persoa poida traballar ao seu ritmo nun ambiente de aprendizaxe cooperativo no que todes temos responsabilidade sobre a nosa aprendizaxe e a aprendizaxe grupal.
21.30h-00.30h Festa con Los Guachos. La Fabrica de Chocolate. (Rogelio Abalde 22, Vigo)
Prezos
Pase completo: Acceso a clases e festas
Ata o 31 de xaneiro: 70€ Dende o 1 de febreiro: 80€