Conversas Swingueiras

“Moda Vintage no S.XXI” con Carlos Tomico
Venres 17 ás 20.00h – Casa de Arriba (Martín Códax 23, Vigo)

Vestir con roupa actual, vestir vintage, as liñas vermellas que separan vintage do cosplay ou o disfraz, os perigos de caer na apropiación cultural de forma involuntaria… Son cousiñas que moitas persoas se plantean, e moi particularmente as persoas que bailamos lindy hop ou outros bailes pertencentes a outra cultura, moi separados de nós no tempo. 

Carlos Tomico ten unha marca vintage de cabaleiro: Cumberland Vintage. Carlos estudou con moito agarimo e respecto as diferentes características da moda masculina, a súa evolución no tempo, as diferentes tendencias e moitas veces os seus significados e/ou impactos dentro da sociedade en cada momento histórico, estrato social, etc…

Dende ese punto de vista divulgativo, Carlos compartirá algúns dos seus coñecementos e curiosidades sobre a moda, para dar pé a un debate participativo no que todas e todos podemos compartir as nosas opinións, reflexións e inquietudes ao respecto. O debate é aberto a calquera persoa interesada no tema, baile ou non baile swing.