Espazo Creativo Musical

Espazo Creativo Musical

Obradoiro de creación e experimentación musical para rapazas e rapaces de entre 8 e 16 anos.

Imparte Gabriel Saitto.

  • Sábado 10 de xuño de 12h a 13.15h
  • Con ou sen experiencia
  • Para tódolos instrumentos, xa sexan de corda, vento, percusión ou voz. 
  • Prezo: 10€
  • Se podes aportar o instrumento fantástico, se non fala connosco para que poidamos conseguirche un.
  • Para inscribirte tamén podes enviar un whatsapp ao 687711436

O obradoiro plantexa crear un espazo de exploración musical no que, cada rapaz e cada rapaza co seu instrumento poida aportar o seu gran de area musical ao grupo, independientemente de se ten ou non experiencia. 

Ao longo do obradoiro o alumnado vai compoñer un tema de forma grupal que ao final interpretarán. 

Grabriel Saitto

Trompetista e docente con máis de oito anos de experiencia formando músicxs. 

  • Profesor de trompeta no programa de Orquestas de Escuelas de Buenos Aires.
  • Profesor de combos e instrumentos en Factoría de Musica (sede do Liceu) de Palma de Mallorca. 
  • Diferentes formacións no Berklee College of Music.
  • Conservatorio Superior das Illas Balears. 

Ademais de formar parte de varias formacións e Big Bands, está desenvolvéndose como solista de jazz. 

Podes coñecer máis a Gabriel no seu Instagram @gabrielsaitto