
* Todas as clases de Vigo se imparten en Simia Coworking (Rúa Alfonso XIII, 9)
* As clases comezan o luns 2 de outubro pero as inscricións xa están abertas para que poidas reservar a túa praza!
* As clases dos martes impártense na Escola de Danza Inés Núñez (Avenida de Bueu, 17) e as clases dos mércores impártense en Salason (Rúa do Lirio 30)
* As clases comezan o luns 2 de outubro pero as inscricións xa están abertas para que poidas reservar a túa praza!
PREZOS DAS CLASES REGULARES
Ao pagar as túas cotas a Swing On, non só estás pagando por recibir as túas clases. Tamén estás facendo posible que o proxecto sexa sostible, e grazas a iso podemos organizar unha gran cantidade de eventos ao longo do ano para difundir o baile e a cultura swing e levalo á maior cantidade de xente posible.
Do mesmo xeito, en ocasións topámonos con persoas que, por falta de recursos, non poden permitirse asistir ás clases regulares. Entre todes podemos loitar contra esta barreira económica, por iso, se queres contribuir cun pago extra de 5€ mensuais, crearemos unha bolsa que usaremos para ofrecer descontos ou bonos especiais a quen máis o precisen, estudando cada caso personalizadamente. O bono solidario de 5€ podes pagalo xunto aos teus pagos trimestrais ou mensuais, e non necesitas adquirir un compromiso, só paga canto poidas.
- Se queres probar unha clase do curso antes de inscribirte, o prezo da clase de proba é de 5€ durante o mes de outubro, e 10€ a partir de novembro. Ese importe descontarase do importe mensual ou trimestral en caso de que te inscribas ao curso.