
PREZOS DAS CLASES REGULARES
Ao pagar as túas cotas a Swing On, non só estás pagando por recibir as túas clases. Tamén estás facend posible que o proxecto sexa sostible, e grazas a iso podemos organizar unha gran cantidade de eventos ao longo do ano para difundir o baile e a cultura swing e levalo á maior cantidade de xente posible.
Do mesmo xeito, en ocasións topámonos con persoas que, por falta de recursos, non poden permitirse asistir ás clases regulares. Entre todes podemos loitar contra esta barreira económica, por iso, se queres contribuir cun pago extra de 5€ mensuais, crearemos unha bolsa que usaremos para ofrecer descontos ou bonos especiais a quen máis o precisen, estudando cada caso personalizadamente. O bono solidario de 5€ podes pagalo xunto aos teus pagos trimestrais ou mensuais, e non necesitas adquirir un compromiso, só paga canto poidas.
Actividade Coro Swing
O coro swing é unha actividade independiente con organización e funcionamiento lixeiramente diferente ao resto de actividades.
Impártese tódolos martes de 20.30h a 21.30h en A Morada Cooperativa (R. Enrique X. Macías 6, Vigo).
O prezo é de 35€/mes ou 90€/trimestre e non existe desconto por acumulación con outras actividades.