Iniciación ao Tap

Iniciación ao Tap

Luns 10 de xullo | de 20.00h a 22.00h | 20€ | Simia Espacio

Queres comezar a facer música cos pés? Apúntate a este obradoiro de iniciación ao Tap Dance

Foto de Fabian Schneider

O tap (ou claqué, como é máis coñecido en España por influcencia do francés) é un baile que todo o mundo coñece ou viu bailar e que non deixa indiferente a ninguén, pero tamén é unha forma de tocar un instrumento de percusión.

No tap dance diferénciase entre Broadway Tap e Rhythm Tap. A primeira moito máis famosa polos musicais que nos chegaron, nos que se traballa especialmente a coreografía e o espectáculo. A segunda é a que nos remonta ás orixes do tap, relacionada co jazz e a cultura afroamericana, céntrase no ritmo, na improvisación e no diálogo entre os bailaríns ou bailaríns con músicos.

Neste obradoiro traballaranse rudimentos e técnica que nos den recursos no noso baile, e aínda que se fará un pouco de coreografía, haberá moito espazo para a improvisación, os xogos rítmicos, jams e baile social.

Non é necesario ter zapatos de claqué para asistir ao obradoiro, aínda que se xa bailas e tes uns, podes traelos sen problema. Pero se non é o caso, podes traer calquera calzado que che sexa cómodo (se fai algo de ruído ao golpear o chan, mellor que mellor)

O taller estará impartido por Jorge Patiño, profesor de lindy hop e fundador de Swing On hai máis de 10 anos. Como bailarín de claqué comezou formándose en 2019 con Cecilia Martínez, actual profesora de tap en Swing On.

  • Luns 10 de xullo
  • de 20h a 22h
  • 20€
  • en Simia Espacio (Rúa Alfonso XIII, 9)