Do 11 al 27 de xullo | Curso de 1, 2 ou 3 semanas | Horario de mañá ou de tarde

Aproveita o mes de xullo e fai unha inmersión no universo do Lindy Hop e únete á nosa crecente comunidade de afeccionados aos bailes swing!
Propoñemosche un curso intensivo de iniciación no que aprenderás os teus primeiros pasos e gañarás confianza e enerxía para lanzarte a ghastar pista en calquera dos numerosos eventos que organizamos.
Aínda que o curso completo é de 3 semanas, cada semana traballarase un concepto diferente, así que poderás vir a todo o curso, ou se o prefires podes facer semanas soltas. E para que nada interfira cos teus plans de verán, propoñémoste unha opción de horario de mañá e outra de tarde. Non hai excusa!
HORARIOS
Turno de mañá: martes* e xoves de 10.30h a 13.00h
Turno de tarde: martes* e xoves de 20.00h a 22.30h
Elixe o horario que máis che interese. Se queres combinar e vir unha semana de mañá e outra de tarde, coméntao no formulario de inscrición cando o cubras.
* O martes 25 de xullo é festivo, polo que na 3ª semana as clases serán luns 24 e xoves 27
PREZOS
Curso completo: 80€
- 15 horas de clase repartidas en 6 sesións de clase (3 semanas)
- Acceso a unha lista de música con todas as cancións usadas durante o curso
- Acceso a un vídeo resumo de cada unha das sesións de clase
Unha semana solta: 35€
- 5 horas de clase repartidas en 2 sesións de clase
- Acceso a unha lista de música con todas las cancións usadas durante o curso
- Acceso a un vídeo resumo de cada unha das sesións de clase