9 de decembro | 21.30h | Fábrica de Chocolate Club (Rogelio Abalde, 22)
Celebramos o nacemento da reina do swing, Norma Miller, cunha festa súper especial nun dos nosos templos do Swing: A Fábrica de Chocolate.
Abrimos portas ás 21.30h e a partir das 22.00h dará inicio o concerto de The Ballroom Music Project, unha banda liderada polo bailarín de swing e animal escénico Carlos Tomico (voz) que ven a compañado de Jana Herrera (piano), David Jácome (batería) e Eoin O’Sullivan (baixo). Como diría Ella Fitzgerald, unha delicia para lindy hoppers.
A continuación os encargados de que a festa continúe e o baile non pare serán Swing On DJs.
✦ ✦ ✦ ✦ ✦ ✦ ✦ ✦ ✦ ✦ ✦ ✦ ✦ ✦ ✦ ✦ ✦
- 21.30h Apertura de portas
- 22.00h The Ballroom Music Project (live)
- 23.30h Swing On DJs
PREZOS:
- 12€ anticipada / 15€ en taquilla
* As entradas anticipadas están á venda en Swing On.