Obradoiros de Tap Dance

Curso de claqué en Swing On

SÁBADO 16 DE MARZO
Nivel iniciación de 12.15h a 13.45h
Nivel intermedio de 10.30h a 12.00h

En Simia Coworking (Rúa Alfonso XIII, 9 – Vigo)

Na foto: Bill Robinson

Prezo: 20€

INSCRICIÓNS: https://forms.gle/eNEToHtZH5E9T8q19

O tap (ou claqué, como é máis coñecido en España por influcencia do francés) é un baile que todo o mundo coñece ou viu bailar e que non deixa indiferente a ninguén, pero tamén é unha forma de tocar un instrumento de percusión.

No tap dance diferénciase entre Broadway Tap e Rhythm Tap. A primeira moito máis famosa polos musicais que nos chegaron, nos que se traballa especialmente a coreografía e o espectáculo. A segunda é a que nos remonta ás orixes do tap, relacionada co jazz e a cultura afroamericana, céntrase no ritmo, na improvisación e no diálogo entre os bailaríns ou bailaríns con músicos.

Neste obrdoiro traballaranse rudimentos e técnica que nos den recursos no noso baile, coreografía e haberá tamén espazo para a improvisación.

Non é necesario ter zapatos de claqué para asistir ao curso, aínda que se xa bailas e tes uns, lévaos. Pero se non é o caso, podes traer calquera calzado que che sexa cómodo (se fai algo de ruído ao golpear o chan, mellor que mellor)