Swing entre amigas — outubro

15 e 16 de outubro | Vigo (varios espazos)

Montse & Bea | Alba & Isaac | The Swinging Flamingos

Os SEA mutaron, evolucionaron, e volveron á programación de Swing On

O mundo evoluciona e nós con el. Este ano os Swing Entre Amigas cambian o seu formato:

  • Haberá tres edicións durante o curso (outubro, febreiro e maio)
  • Haberá festa con banda en directo.
  • Contaremos cunha parella de profes local e outra visitante (pero tamén moi amiga)
  • Amplíase a programación cun vermú o domingo en A Morada con pinchiños de Outro Conto ñam ñam

Que non cambia?

  • A esencia. Queremos seguir potenciando a profes e músicos locais que admiramos, engadindo a oportunidade de traer a profes de máis lonxe que sabemos que teñen moito que aportar á nosa comunidade.
  • Seguimos apostando por clases de nivel aberto, aínda que non son de iniciación dende cero (mínimo 6 meses bailando lindy hop).

PROGRAMA

Sábado 15 de outubro

10.00h-14.00h: Clases multinivel. 2 horas con cada parella de profes.
Escola de Danza Inés Núñez: Rúa Uruguay, 16

21.00h-01.00h: Festa con The Swinging Flamingos. DJs por confirmar.

Sala Rebullón. Avda Rebullón 23 (dentro do Centro Cultural As Pedriñas)

Domingo 16 de outubro

12.00h-15.00h: Vermú Swing con pinchiños de Outro Conto

15.30h-16.30h: Café e conversas. Q&A coas profes desta edición: Bea, Montse, Alba e Isaac. 

PREZOS E INSCRICIÓNS

Pase completo: 70€ (4 horas de clase + concerto). 

Inscricións neste formulario: https://forms.gle/CBApD4LgSPkhBZRD6

Só concerto: 15€. O concerto é aberto a todo o mundo, baile lindy hop ou non. Gran momento para traer amiguis.

Venta de entradas en Swing On, Sala Rebullón e Teuticket (en Teuticket son 15€ + gastos de xestión da plataforma).

Vermú e Q&A: Entrada libre. Os pinchos de Outro Conto poderás mercalos alí mesmo.