Swing On WIC.end 2024

Swing On WIC.end 2024

22 e 23 de marzo | 4 horas de clases de lindy hop nivel aberto (mínimo 4 meses bailando) | 1 festa con música en directo | 1 festa con DJs

As estrelas

Gina e Iker dende Bilbao!!

Estas dúas persoas marabillosas coas que da gusto bailar, conversar, e pasar horas e horas…  comezaron a bailar a finais de 2013 en Barcelona, e en 2016 comezan a impartir clases. En 2017 deciden marchar para Bilbao a poñer en marcha o proxecto Little Harlem, e a crear unha nova comunidade swing. 

Cun profundo amor pola música jazz e swing, transmiten con paixón o espíritu destes bailes que xurdiron nas décadas dos 30 e 40, e que continúan evoluíndo e medrando. Temos infinitas ganas de que as coñezades!

Los Guachos

A banda liderada polo trompetista Gabriel Saitto, coñecida por abrir as Swing Jazz Jams da Kominsky (Vigo), preséntase desta vez en versión extendida para poder gozar dos seus repertorio sen parar. 

Para quen non os coñeza, aquí vai info dos seus membros:

Gabriel Saitto é un músico arxentino que foi formándose e formando a outros músicos en Buenos Aires, Berklee College of Music, a Factoría de Música (Mallorca) e o Conservatorio Superior das Illas Balears.  Na súa chegada a Vigo foi traballando con músicos da escena local en diversos proxectos, e creando o Espazo Creativo Musical, un lugar no que aprender música mediante a exploración e a experimentación.

Tamén forman parte de Los Guachos os irmáns Guillermo Guerrero (guitarra) e Juan Guerrero (batería), e o contrabaxista Juan Alonso. Os tres son das novas xeracións de músicos de jazz saídos do conservatorio Mayeusis, e xa teñen ben de experiencia en tocar para lindy hoppers, de feito Juan Alonso comezou este curso tamén a bailar lindy hop.

Os integrantes de Los Guachos se poden poden considerar artistas revelación na comunidade jazz viguesa, pero coidado que están a piques de pasar a ser músicos consagrados. E nós estaremos alí para presencialo… E ti?

Programa

Venres 22
  • 21.30h-00.30h Festa con DJs. Sala Kominsky (Irmandiños 3, Vigo)
Sábado 23
  • 10.00h-14.00h: Clases de lindy hop multinivel (dende 4 meses bailando lindy hop). Escola de baile Pasos Bailegalicia (C.C. Plaza Elíptica, Vigo)

    Plantéase unha formación de 4 horas con algúns descansos na que se traballarán diferentes conceptos con diferentes grados de dificuldade para que cada persoa poida traballar ao seu ritmo nun ambiente de aprendizaxe cooperativo no que todes temos responsabilidade sobre a nosa aprendizaxe e a aprendizaxe grupal. 
  • 21.30h-00.30h Festa con Los Guachos. La Fabrica de Chocolate. (Rogelio Abalde 22, Vigo)

Prezos

Pase completo: Acceso a clases e festas

Ata o 31 de xaneiro: 70€
Dende o 1 de febreiro: 80€

Festa do venres con DJs: 5€ .Entradas á venda a partir do 1 de febreiro en Swing On ou reservando no 687711436 

Festa do sábado con banda: 15€ Entradas á venda a partir do 1 de febreiro en Swing On ou reservando no 687711436