O PROXECTO SWING ON

Swing On é un proxecto creado por Elena e Jorge, que leva unha década evoluíndo grazas aos coidados de todas as persoas que forman ou formaron parte do proxecto: compañeiras de equipo, profesorado, alumnado, músicas e músicos, DJs, colaboradoras, espazos que abren as súas portas aos nosos bailes, productoras de eventos e/ou axentes culturais que programades swing nos vosos eventos, etc… Todxs formades parte da nosa historia, e do que agora é Swing On. 

O obxectivo do proxecto é celebrar a música e a cultura jazz, o lindy hop e outros bailes asociados, sempre partindo da base de que son manifestacións culturais de orixe afroamericano nun contexto de loita racial e segregación. Por iso é especialmente importante para nós crear espazos nos que desfrutar do baile e da música non sexa incompatible cos valores de inclusividade e loita contra as desigualdades sociais. 

En Swing On atoparás clases, festas con música en directo ou DJs, bailes na rúa, charlas, festivais, unha pequena biblioteca con referencias para aprender máis sobre a historia do jazz, o swing e o lindy hop. Pero sobre todo, en Swing On atoparás unha auténtica comunidade acolledora e chea de ganas de compartir.

baila swing

Niveis e metodoloxía
Niveis e metodoloxía

Consulta como dividimos os niveis e por qué nas nosas clases

Niveis e metodoloxía
Horarios e prezos
Horarios e prezos

Consulta aquí todos los grupos que temos durante este curso

Horarios e prezos
Inscrición
Inscrición

Comeza a bailar xa!

Inscrición

Eventos

Events

Regala(te) swing

Regala clases regulares ou clases privadas, para ti ou para quen ti queiras

+ INFO

Contacto