do 27 de febreiro ao 1 de marzo

– 3 horas de lindy hop con María Aparisi e Alex Carsi (multinivel, mínimo 6 meses bailando)
– 2 horas de bailes urbanos con Geni Muxima e New
– festa venres con DJs
– festa sábado con Sunil López Quintet
– vermú ao aire libre
PREZO:
– 75€ (ata o 31 de decembro)
– 85€ (do 1 ao 18 de xaneiro)
– 95€ (a partir do 19 de xaneiro)
Inscripcións: https://forms.gle/kamvLTjQwdvTf8GZ9
PROGRAMA
Venres 27
Sábado 28
Domingo 1
MARÍA E ALEX
María e Alex coñecéronse en 2013 na pista de baile. Viñan de mundos distintos e vivían momentos vitais moi diferentes, pero conectar bailando foi inmediato.
Tras varios anos gozando só do social, decidiron dar o salto e empezar a adestrar, ensinar e actuar xuntas polo circuíto valenciano.
No seu proceso de profesionalización axudaron a impulsar a comunidade de Satchmo Swing School, escola que as acolleu desde o inicio e onde foron profesoras titulares durante varios anos. Alí contribuíron a construír unha comunidade que valorase a historia e a cultura afroamericanas, así como a importancia da música swing orixinal dos anos trinta e corenta.
Actualmente ensinan xuntas de forma regular no estudio Black Bottom de Valencia e participan como artistas convidadas en eventos dentro e fóra de España. Nas súas clases poñen o foco na individualidade, na sinxeleza e no ritmo, acompañado sempre de metodoloxías de ensino respectuosas coa historia e a cultura das danzas e da música jazz que aman e comparten.
GENI MUXIMA
Tras licenciarse en xornalismo, viaxa a Escocia e comeza finalmente a darlle ritmo a ese grito antigo de “Mamà, quiero ser artista». No Edinburgh’s Telford College fòrmase en Ballet, Jazz e Danza Contemporànea, ao tempo que descobre a súa paixòn polo flamenco nas sùas viaxes às Covas do Sacromonte en Granada. No seu retorno a Galicia entra en contacto coas danzas tradicionais da Costa Oeste Africana, e dende entòn fica plenamente entregada ao seu estudo atendendo a formaciòns con Eva Azevedo (Portugal), Joana Peres (Portugal), Cristina Rosa (Madrid), e con profesores nativos en Guinea Conakry e Mali. Este camiño lèvaa a mergullarse na diversidade de danzas urbanas do continente, profundizando especialmente na ginga do kuduro e afrohouse de Angola. Lisboa é a cidade na que se inicia con bailaríns como Fabio Krayze, Miguel Albino (Pupilos do Kuduro), Selma Mylene, Nuno Bolicao, Moikana e Blaya, entre outros.
Destaca pola súa enerxía e vontade de compartila sen demasiadas normas. Para ela, todos somos unha fermosa coreografía de latidos. Corpos e ritmo. Únicos e auténticos. A principal mensaxe nas súas aulas é que cada ser conecte coa súa verdade presente e para iso emprega a riqueza da linguaxe africana que nos achega ao primitivo e ao verso “Eu son porque ti es”.
NEW
É un recoñecido bailarín, coreógrafo e profesor de baile urbano con orixes no mundo do hip hop e do breaking. Comezou a bailar en 2010, influído polo seu irmán, que era bboy. A súa paixón polo hip hop e o breaking levouno a formarse intensamente entre 2010 e 2013, ano no que a súa formación comezou a dar frutos gañou en casi todos os eventos de danza urbana de Venezuela, o seu país de orixe.
En 2015, New viaxou a Perú e, en 2016, percorreu toda Sudamérica, participando en numerosos eventos e acadando importantes vitorias en países como Perú, Brasil, Arxentina, Bolivia, Ecuador e Colombia. Ademais, impartiu clases en todos estes países, compartindo o seu coñecemento e paixón polo baile.
Como competidor, acadou numerosos logros e foi xurado en moitos eventos por toda Sudamérica. Como profesor, a súa maior satisfacción é estudar a corporalidade das persoas e ofrecer consellos axeitados, tomándose o tempo necesario para que os seus alumnos poidan progresar de xeito constante. É unha persoa moi disciplinada, que busca sempre avanzar sen quedar atrás, e toma as clases moi en serio. Aínda que as súas clases son divertidas, non lle gusta que a xente interprete o seu traballo como un simple pasatempo. Gústalle que os seus alumnos se divirtan, pero sempre coa seriedade que o baile merece.
