Obradoiros de lindy hop (varios niveis), authentic jazz e balboa
Sábado 12 de setembrode 11.00h a 18.30h
Andrea & Jorge
Desde 18€
Inscríbete: https://forms.gle/8FBh4pmjgzxpEr5GA
Swing On impartirá obradoiros de Lindy Hop e outros bailes swing en A Coruña a partir de setembro. Nesta primeira edición as profes encargadas de impartir os obradoiros serán Andrea e Jorge.
Horarios
- de 11.00h a 12.00h: Balboa
- de 12.00h a 13.00h: Lindy Hop 1
- de 13.00h a 14.00h: Authentic Jazz
- de 16.00h a 17.00h: Lindy Hop 2
- de 17.00h a 18.30h: Lindy Hop Máster
Prezos
- Lindy Máster (1.5h): 20€
- 1 clase (1h): 18€
- 2 clases: 30€
- 3 clases: 40€
- 4 clases: 45€
Niveis
- Lindy Hop Máster: Este é o teu nivel se levas varios anos asistinto a clases e bailando Lindy Hop e asistiches a festivais facendo clases. Este nivel está enfocado a persoas que dan clase localmente ou que teñen unha motivación moi grande en mellorar no seu baile, en todos os niveis (ritmo, conexión, expresión personal, musicalidade…). Se xa asistías a este nivel nas clases con Marta e Pedro podes continuar aquí.
- Lindy Hop 1: Non necesitas moita experiencia previa bailando Lindy Hop, neste nivel aprenderás a técnica básica deste baile, diferentes ritmos e repertorio para explorar no teu baile social.
- Lindy Hop 2: Apúntate a este nivel se participaches en clases regulares de Lindy Hop con profesionais, ou asistiches a clases en festivais. Dominas os movementos básicos, os diferentes ritmos e tes capacidade para introducilos no teu baile social
- Balboa: Multinivel, non necesitas ter experiencia previa neste baile. Impartiremos os básicos e algúns movementos que poderás incorporar socialmente no teu baile
- Authentic Jazz: Multinivel, non necesitas ter experiencia previa neste baile. Impartiremos os básicos e algúns movementos que poderás incorporar socialmente no teu baile
Andrea Costa & Jorge Patiño

Jorge e Andrea levan compartindo aulas desde 2014, desenvolvendo unha forma de ensinar baseada na musicalidade, a comunicación e a improvisación. Para ambos, o lindy hop é unha conversa coa música e coa parella, onde a técnica está ao servizo da expresión e da conexión.
Nas súas clases combinan precisión, creatividade e un ambiente próximo, animando ao alumnado a escoitar activamente a música, á parella e ao resto da comunidade. A súa filosofía busca que cada persoa desenvolva unha voz propia no baile, entendendo a improvisación como unha ferramenta para crear, dialogar e gozar da pista.
Ao longo destes anos participaron activamente no desenvolvemento da comunidade swing en Galicia a través de Swing On, un proxecto impulsado por un equipo de catro persoas dedicado á promoción da cultura swing mediante a organización de clases, festas, charlas e festivais que contribuíron ao crecemento da escena local.
O seu traballo parte do convencemento de que o lindy hop e o authentic jazz son manifestacións culturais afroamericanas cun profundo valor histórico e social. Por iso, transmiten estas danzas desde o respecto ás súas raíces, integrando nas súas clases o contexto cultural, a musicalidade e a improvisación para ofrecer unha aprendizaxe consciente, dinámica e divertida.
