
Festa swing no Malavida
27 27 people viewed this event.
O sábado 12 de setembro estaremos na Coruña impartindo uns obradoiros de Lindy Hop, Authentic Jazz e Balaboa (máis info aquí), e por suposto non íamos volver para casa sen aproveitar para organizar unha festa e botar uns bailes pola noite!!
Axiña confirmaremos quen estará ao cargo da música, de momento podes reservar a data e non facer plans para ese día!
- de 21.00h a 00.00h
- Gratis se te apuntas a 3 obradoiros do propio sábado · 3€ se te apuntas a 1 ou 2 obradoiros (pago xunto á inscrición) · 5€ se non te apuntas a ningún (non hai anticipadas, só en porta)
- Sala Malavida (Rúa Rey Abdullah 13, A Coruña)
