Swing On WIC.end ’26

do 27 de febreiro ao 1 de marzo

PROGRAMA

Venres 27
  • 21.30h-00.30h Festa con DJ Drea + DJ Sofía + DJ Cintia. Sala Kominsky (Irmandiños 3, Vigo)
Sábado 28
  • Clases: Lindy Hop (multinivel, mínimo 6 meses bailando e coñecer os básicos de triple steps e charleston, incluindo Swing Out e Tandem) e urbanos (desde cero), de 10.30h a 18.30h (con intervalo para comer)
  • 21.30h-01.00h Festa con Sunil López Quintet + DJ Marta Jaquet. La Fabrica de Chocolate. (Rogelio Abalde 22, Vigo)

Domingo 1
  • 13.00h-15.30h Vermú Swing ao aire libre (se o tempo o permite)

MARÍA E ALEX

María e Alex coñecéronse en 2013 na pista de baile. Viñan de mundos distintos e vivían momentos vitais moi diferentes, pero conectar bailando foi inmediato.

Tras varios anos gozando só do social, decidiron dar o salto e empezar a adestrar, ensinar e actuar xuntas polo circuíto valenciano.

No seu proceso de profesionalización axudaron a impulsar a comunidade de Satchmo Swing School, escola que as acolleu desde o inicio e onde foron profesoras titulares durante varios anos. Alí contribuíron a construír unha comunidade que valorase a historia e a cultura afroamericanas, así como a importancia da música swing orixinal dos anos trinta e corenta.

Actualmente ensinan xuntas de forma regular no estudio Black Bottom de Valencia e participan como artistas convidadas en eventos dentro e fóra de España. Nas súas clases poñen o foco na individualidade, na sinxeleza e no ritmo, acompañado sempre de metodoloxías de ensino respectuosas coa historia e a cultura das danzas e da música jazz que aman e comparten.

GENI MUXIMA

Tras licenciarse en xornalismo, viaxa a Escocia e comeza finalmente a darlle ritmo a ese grito antigo de “Mamà, quiero ser artista». No Edinburgh’s Telford College fòrmase en Ballet, Jazz e Danza Contemporànea, ao tempo que descobre a súa paixòn polo flamenco nas sùas viaxes às Covas do Sacromonte en Granada. No seu retorno a Galicia entra en contacto coas danzas tradicionais da Costa Oeste Africana, e dende entòn fica plenamente entregada ao seu estudo atendendo a formaciòns con Eva Azevedo (Portugal), Joana Peres (Portugal), Cristina Rosa (Madrid), e con profesores nativos en Guinea Conakry e Mali.  Este camiño lèvaa a mergullarse na diversidade de danzas urbanas do continente, profundizando especialmente na ginga do kuduro e afrohouse de Angola. Lisboa é a cidade na que se inicia con bailaríns como Fabio Krayze, Miguel Albino (Pupilos do Kuduro), Selma Mylene, Nuno Bolicao, Moikana e Blaya, entre outros.

Destaca pola súa enerxía e vontade de compartila sen demasiadas normas. Para ela, todos somos unha fermosa coreografía de latidos. Corpos e ritmo. Únicos e auténticos. A principal mensaxe nas súas aulas é que cada ser conecte coa súa verdade presente e para iso emprega a riqueza da linguaxe africana que nos achega ao primitivo e ao verso “Eu son porque ti es”.

NEW

É un recoñecido bailarín, coreógrafo e profesor de baile urbano con orixes no mundo do hip hop e do breaking. Comezou a bailar en 2010, influído polo seu irmán, que era bboy. A súa paixón polo hip hop e o breaking levouno a formarse intensamente entre 2010 e 2013, ano no que a súa formación comezou a dar frutos gañou en casi todos os eventos de danza urbana de Venezuela, o seu país de orixe.

En 2015, New viaxou a Perú e, en 2016, percorreu toda Sudamérica, participando en numerosos eventos e acadando importantes vitorias en países como Perú, Brasil, Arxentina, Bolivia, Ecuador e Colombia. Ademais, impartiu clases en todos estes países, compartindo o seu coñecemento e paixón polo baile.

Como competidor, acadou numerosos logros e foi xurado en moitos eventos por toda Sudamérica. Como profesor, a súa maior satisfacción é estudar a corporalidade das persoas e ofrecer consellos axeitados, tomándose o tempo necesario para que os seus alumnos poidan progresar de xeito constante. É unha persoa moi disciplinada, que busca sempre avanzar sen quedar atrás, e toma as clases moi en serio. Aínda que as súas clases son divertidas, non lle gusta que a xente interprete o seu traballo como un simple pasatempo. Gústalle que os seus alumnos se divirtan, pero sempre coa seriedade que o baile merece.

SUNIL LÓPEZ QUINTET

Sunil López Quintet é unha formación creada polo pianista vigués Sunil López especialmente para este festival. Xunto a el estarán Juan Guerrero na batería, Yudit Almeida no contrabaixo, Gabriel Saito na trompeta e Toño Otero ao saxo tenor

Os membros deste quinteto son músicos de jazz profesionais cunha ampla traxectoria: levan anos tocando, estudando e ensinando jazz, e contan con innumerables concertos ás súas costas en múltiples formacións.

Para o Swing On WIC.end, prepararán un repertorio cun marcado sabor swing: desde standards clásicos da era dourada ata pezas doutros estilos de jazz posteriores, sempre mantendo o swing como sinal de identidade.

DJs

Como DJs para o Swing On WIC.end 2026 teremos a todas as finalistas da última batalla de DJs de swing. O venres estarán encargadas a música DJ Drea, DJ Sofía e DJ Cintia. O sábado, despois da banda, a gañadora de 2026, DJ Marta Jaquet

Prezos

Pase completo: Acceso a clases e festas

  • ata o 31 de decembro: 75€
  • do 1 ao 18 de xaneiro : 85€
  • a partir do 19 de xaneiro: 95€

Festa do venres con DJs: 5€ .Entradas á venda en Caixa de Ritmos ou reservando no 687711436 

Festa do sábado con banda: 15€ Entradas á venda en Caixa de Ritmos ou reservando no 687711436